«

»

CASTRO DE SANTOMÉ

O Patrimonio Cultural ten hoxe unha grande importancia, como documento histórico, sobre o que se constrúen procesos actuais de definición da memoria e da identidade, pero tamén como recurso social, económico e de negociación de valores entre os diferentes axentes e grupos sociais.

web_castro de santomé restaurado

Pero para que este patrimonio sexa comprendido e valorado  pola cidadanía é preciso facer un esforzo para explicar tódolos aqueles aspectos que confiren o patrimonio arqueolóxico o seu carácter de documento histórico, co fin de que os que son os máximos beneficiarios se involucren na súa protección ao consideralo algo propio, como parte indisoluble da súa identidade actual.

Este é proceso que se percorreu nas actuacións levadas  cabo no Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé: escavación, consolidación e revalorización das estructuras arqueolóxicas descubertas, coa conseguinte investigación de toda o documentación aportada, para seguidamente pasar a fase de musealización e divulgación dos valores patrimoniais do conxunto. Nesta última etapa tivéronse en conta tanto a patrimonio arqueolóxico como natural do seu entorno derivado dunha peculiar vexetación, que lle confire a este lugar un valor engadido no contexto da animación sociocultural.

A consecución dos obxectivos trazados cara o futuro e a súa continuidade no tempo requiren dispor dunhas infraestructuras básicas para obter uns alicerces firmes desde os que reforzar e dignificar a investigación, a protección e a divulgación Santomé.

Un instrumento que hai que ter en conta en actuacións futuras, é a relación do conxunto arqueolóxico-natural coa cidade de Ourense, vinculación que xa debeu existir cando este lugar era un próspero poboado  prerromano e romano, e o solar que hoxe ocupa a cidade, un enclave nacido o amparo das augas quentes das Burgas e do cruce de importantes camiños, que nun determinado momento prestaría bens e servicios os xacementos do seu entorno. Pois ben, ese relación é preciso recuperala agora para e revalorización e posta en valor de Santomé. O coñecemento do pasado histórico de Ourense debe pasar pola visita a Santomé, para comprender a capa mais profunda dos estratos que conforman a historia  da nosa cidade. Por outra banda non se debe esquecer que esta constitúe o caladoiro principal dos potenciais visitantes, entre os que se atópanos propios habitantes, os visitantes ocasionais e os estudiantes nos diferentes niveis educativos.

Neste sentido, é importante realizar a adaptación dunha ruta de sendeirismo pola marxe esquerda do río Loña. Sería interesante completar o camiño xa existente, que xa funciona como ruta de sendeirismo, con outro sendeiro existente na marxe esquerda do río, creando desta forma un ruta circular par unir a cidade de Ourense co xacemento. Para lograr estre cometido, sómente se necesita pequenos traballos de adecuación do carreiro e a construcción duna pequena pasarela de madeira sobre o río Loña a altura do xacemento.

Outro aspecto que resulta irrenunciable en calquera plan de futuro para Santomé é o mantemento dun proxecto de investigación continuado, que implique  a escavación, consolidación, interpretación e divulgación das novas áreas escavadas.

Conscientes de que a revalorización sociocultural dun xacemento non require a veces grandes inversións, senón sentido común e coñecemento científico do mesmo, sería interesante a creación dun Centro de Acollida/Información, acomodado nun pequeno edificio de estética moderna, a construír cerca do xacemento, perfectamente integrado na paisaxe en coherencia co entorno.

Con estas pequenas actuacións conseguiríamos integrar o Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé na trama turístico-cultural do que se pretende sexa  a cidade de Ourense no presente século.

web_castro san tomé web_cerámica de santomé web_infografía castro de santomé web_madroño web_mariposa web_santomé en el bosque de pinos web_una clase al aire libre en santomé


Ver mapa más grande